Iniciadas las competiciones de torneo AFAC Cadete e Infantil

Ao longo de este primeiro fin de semana de xuño deron comezo os grupos de competición da primeira fase dos torneos AFAC en categoría Cadete e Infantil, cos que a Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña trata de completar o período competicional ante a fin das competicións de ámbito autonómico e local federadas.

Un total de 16 equipos dos clubes asociados en categoría Cadete e de 22 equipos en etapa Infantil mídense en formato de liga a unha volta, con catro grupos por categoría.  

Clasificaranse para as semifinais os campións de cada grupo, cruzándose o campión do grupo A co do grupo B e o do grupo C co do grupo D a partido único.

Consulta toda a información referente ao torneo Cadete neste enlace.

Consulta toda a información referente ao torneo Infantil neste enlace.