Juan C. Vázquez Veras, presidente do Victoria CF, foi elixido esta tarde-noite novo presidente da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña (AFAC) tras a dimisión de Manuel Vázquez, presidente durante os últimos 14 años, para emprender unha nova etapa vital e que comunicou á asemblea xeral o pasado 4 de maio do 2023.
Juan Vázquez, coa dilatada experiencia na xestión deportiva que atesoura os éxitos conseguidos baixo a súa presidencia no Victoria CF e o seu paso pola directiva da Real Federación Galega de Fútbol, asume o reto de encabezar unha xunta directiva na que exerceu como vicepresidente e responsable deportivo nas últimas lexislaturas con acerto.
A elección do novo presidente para o período 2023-2027 levouse a cabo por aclamación, toda vez que foi a única candidatura validamente presentada no período prefixado no calendario electoral aprobado polos propios clubes.
El nuevo mandatario explicó las líneas maestras de su proyecto, que mantendrán los beneficios de la gestión de Manuel Vázquez para incorporarles su toque personal modernizando diferentes procedimientos para hacer más ágil el funcionamiento de la principal asociación de clubs de Galicia y sostén del fútbol aficionado Herculino.
O novo mandatario explicou as liñas mestras do seu proxecto, que manterán os beneficios da xestión de Manuel Vázquez para incorporarlles o seu toque persoal modernizando diferentes procedementos para facer máis áxil o funcionamento da principal asociación de clubs de Galicia e sostén do fútbol aficionado Herculino.
Unha vez tomado posesión do seu cargo, Juan Vázquez nomeará unha xunta directiva continuísta con respecto ao traballo desenvolto nos últimos anos na primeira reunión da mesma, dando conta na próxima asemblea xeral da confección da mesma.
AFAC quere agradecer de forma sincera todo o traballo e o bon facer de Manuel Vázquez á fronte da Asociación, sendo un exemplo de xestión tanto dentro das nosas fronteiras municipais como a nivel autonómico. A Asociación deséxalles moita sorte a Manuel nos seus novos retos.