Juan Vázquez, novo presidente de AFAC

Juan C. Vázquez Veras, presidente do Victoria CF, foi elixido esta tarde-noite novo presidente da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña (AFAC) tras a dimisión de Manuel Vázquez, presidente durante os últimos 14 años, para emprender unha nova etapa vital e que comunicou á asemblea xeral o pasado 4 de maio do 2023.

AFAC abre o prazo entre os seus clubes asociados para propoñerpremios e distincións para a cea de fin de tempada

A AFAC para recoñecer e premiar o ESFORZO, AMOR e SACRIFICIO das persoas e entidades que fan posible o desenvolvemento das nosas competicións e eventos, tanto dende postos directivos como de entidades, clubes, xogadores, técnicos, árbitros, médicos, masaxistas, medios de difusión, colaboradores, etc.; conta cun Regulamento de Premios e Recompensas que se fan entrega en cada Cea AFAC Finde Temporada.

Aberto o proceso de recepción de curriculums vitae paramonitores do Campus 2023

AFAC inicia a provisión de monitores para o campus de verán que realiza a asociación. Os monitores desempeñan un papel crucial na experiencia dos inscritos ao campus, xa que lles permiten desfrutar de actividades deportivas e culturais de xeito seguro e efectivo. Estamos emocionados de ofrecer aos nenos e nenas a oportunidade de participar nos nosos campus, onde poderán aprender, medrar e crear lembranzas inesquecibles.