A AFAC recuperou esta noite a súa tradicional cea de fin de tempada, que se celebrou
tras a fin da pandemia COVID-19, no restaurante Comarea.
Encabezada por Juan Vazquez e a totalidade da xunta directiva, os clubes asociados
compartiron mesa e mantel nun acto distendido.
Ines Rey, alcaldesa da Coruña, acompañada de representantes do Concello como o
Concelleiro de Deportes Manuel Vazquez, dos grupos políticos BNG e PP, do RC
Deportivo e Fundación RC Deportivo, presidentes de honor da AFAC, representantes
da RFGF e o expresidente do RC Deportivo Augusto Cesar Lendoiro, presidiron o
evento, que se pechou coa entrega de premios en base ao regulamento de premios e
distincións.