Unha vez finalizado o prazo de inscripción, o comité de competición do trofeo Mini Teresa Herrera 2023 validou a inscripción dun total de 19 clubes en etapa Benxamín e de 15 en etapa Prebenxamín.
Así, de entre os nacidos en 2013 e 2014 participarán: Club Atlético Castros, Compañía de María, CD Calasanz, Imperator OAR, Orillamar SD, Oza Xuvenil SD, Relámpago SD, SCD San Cristóbal, Silva SD, Sporting Coruñés SD, Torre SD, Ural Español CF, Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros, CFD Orzán, Club Xesuitinas, RC Deportivo SAD, FabriL FC e CP Esclavas; e de entre os nacidos en 2015 e 2016 participarán: Club Atlético Castros, Compañía de María, CD Calasanz, Imperator OAR, Orillamar SD, Oza Juvenil SD, Relámpago SD, Silva SD, Sporting Coruñés SD, Ural Español CF, Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros, CFD Orzán, Club Xesuitinas e CP Esclavas.
O sorteo realizarase a próxima semana. En etapa Benxamín afrontarán cinco datas: tres eliminatorias previas a disputar o 19 de xuño, oitavos de final o 21 de xuño, cuartos de final o 26 de xuño, semifinal o 28 de xuño e final en data a consensuar con RC Deportivo. Pola súa parte, en etapa Prebenxamín as datas redúcense a catro: oitavos de final cun equipo exento o 21 de xuño, cuartos de final o 26 de xuño, semifinal o 28 de xuño e final en data a consensuar co RC Deportivo.