A Fundación Deporte Galego e a concesarionaria do Complexo Deportivo de Elviña 1 reuniuse o pasado venres cos clubes usuarios do campo de fútbol e cunha representación de AFC para presentar o plan de traballo das obras que remodelarán a instalación deportiva, unha reforma integral que permitirá a subsanación de moitas deficiencias producidas ao longo dos últimos anos.

Na reunión explicouse aos clubes afectados e á representación da Asociación os detalles do proxecto, así como os prazos obras a levar a cabo e demáis cuestións ligadas a unha actuación de grande envergadura e que farán desta instalación unha referencia na nosa cidade.

Dende AFAC alegrámonos enormemente da recuperación dun dos campos históricos para o fútbol base e aficionado da cidade e esperamos que, en poucos meses, sexa unha realidade contar cunha instalación tan esencial e importante