O dia do Fútbol Afeccionado

Como recolle o convenio asinado entre o RC Deportivo, a sua Fundación e a Asociación de Fútbol Afeccionado Coruñés, AFAC, unha xornada por tempada dedicarase a festexar o Dia do Fútbol Afeccionado, no que, entre futuras actividades, destinase parte da recadación do partido á AFAC.

O encontro elixido esta campaña é o que enfronta o videiro sábado 19 de marzo, dia do pai, en ABANCA-RIAZOR, ao Deportivo e a Cutural e Deportiva Leonesa a partir das 19 horas.

Por iso póñense entradas a prezos populares a disposición de toda a afección ao fútbol na Coruña para que poidan acudir ao estadio e colaborar coa AFAC e gozar dunha gran xornada de fútbol.

Compártelo: